O Trofeo Concello de Vigo de Bádminton incrementa a participación e supera os 200 deportistas
O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, presentou este martes a oitava edición deste certame, que incrementa a súa participación cada ano tanto en deportistas como en clubs. A cita terá lugar este sábado na pista vermella das Travesas, con xogadores "de altísimo nivel" de Galicia e do resto de España.
O Trofeo - Memorial Luis Miró, organizado polo Club Bádminton Rachaplumas coa colaboración do Concello de Vigo, se desenvolverá na pista vermella das Travesas este sábado, 31 de maio, con 300 partidos protagonizados por máis de 200 deportistas, desde as 10 ás 20:30 horas, coas categorías de benxamín e alevín en horario de mañá e de infantil, cadete e absoluto pola tarde.
O edil de Deportes, Manel Fernández, invitou a toda a cidadanía a presenciar unha xornada de bádminton, "unha das especialidades deportivas importantes da nosa cidade", en auxe, con numerosos afeccionados, e que goza da "consideración máxima do Concello de Vigo".
Juan Vila, técnico do club organizador, agradeceu ao goberno de Vigo a súa colaboración coa entidade e co deporte e salientou que o Trofeo "pouco a pouco está a coller unha proxección importante en Vigo e en toda a provincia", recordando que cada ano son máis os clubs e os xogadores que participan. Vila indicou que o deste ano será un "campionado de moi alto nivel", que congregará a tres campións de España.