xoves, 29 mai 2014
O goberno local acomete este xoves a reforma do paso soterrado da Praza de América, obras de cambio de pavimentación, asfaltado e de cubrición reflectante para mellorar a luminosidade que conlevaron o peche da circulación durante a xornada. Se o tempo o permite, o tráfico recuperará a normalidade mañá.
xoves, 29 mai 2014
Os estudantes aos que o curso pasado lles correspondía gozar dunha das bolsas de inglés que o Concello outorga poderán viaxar a Gran Bretaña en 2015. O Concello organizará unha convocatoria extraordinaria para que estes alumnos -que o ano que ven cursarán 2º de bacherelato- viaxen no mes de setembro coa bolsa "que a cidade lles debe".
xoves, 29 mai 2014
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe a decimoquinta edición do Campus Polideportivo VIDE, un evento que se celebrará nas instalacións municipais das Travesas do 23 ao 27 de xuño cunha oferta de 200 prazas para nenos e nenas de 8 a 14 anos. O prazo de inscripción arranca o luns, 2 de xuño no edificio do IMD.
xoves, 29 mai 2014
Os cursos nos que participa a Policía Local de Vigo, en colaboración co 061, abranguen técnicas de comprobación e situación de consciencia e respiración, ou a aprendizaxe de masaxes cardiorespiratorios, todos eles de vital importancia en primeiros auxilios.
xoves, 29 mai 2014
Un convenio entre o Concello e a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui permitirá que nenos e nenas viaxen desde os campos de refuxiados de Tinduf a Vigo para pasar os meses de xullo e agosto con familias de acollida. O rexedor explicou que se trata dun apoio "humanitario e político por unha causa xusta".