A Policía Local de Vigo fórmase en asistencia médica de emerxencia
Os cursos nos que participa a Policía Local de Vigo, en colaboración co 061, abranguen técnicas de comprobación e situación de consciencia e respiración, ou a aprendizaxe de masaxes cardiorespiratorios, todos eles de vital importancia en primeiros auxilios.
O rexedor local visitou na mañá deste xoves aos policías locais que se atopan realizando un curso de Emerxencias Médicas nas dependencias policiais do Concello, en colaboración co 061. Caballero destacou que se tratan dunhas prácticas de vital importancia e, por ese motivo, todos os policías locais están pasando polos devanditos cursos, que abranguen técnicas de comprobación, de situación de consciencia e respiración en caso de accidentes, ou cursos de masaxe cardíaco para a reanimación, entre outros.
O principal obxectivo destas xornadas é saber cómo tratar médicamente ás persoas que sufran un accidente de tráfico sen danalas. Caballero recordou o episodio dun cidadá vigués reanimado en parada cardiorespiratoria por dous policías municipais, como mostra da efectividade da nosa policía local e da importancia de que se fagan cursos de atención sanitaria. Hoxe tocou curso de retirada de casco en caso de accidentes de moto, pero o rexedor avanzou que próximamente se traballará en novos cursos de utilización de instrumentais, en relación con paradas cardiorespiratorias.
Descargar todas as imaxes