Escoitar

O Concello costea as viaxes dos nenos saharauis que pasan o verán con familias viguesas

Un convenio entre o Concello e a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui permitirá que nenos e nenas viaxen desde os campos de refuxiados de Tinduf a Vigo para pasar os meses de xullo e agosto con familias de acollida. O rexedor explicou que se trata dun apoio "humanitario e político por unha causa xusta".

xoves, 29 mai 2014
1401365236saharaui.JPG
O alcalde de Vigo asinou hoxe xoves un convenio coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui para a acollida familiar temporal Vacacións en paz 2014. Deste xeito, o Concello asume as viaxes de todos os nenos e nenas que son acollidos con familias viguesas e outras do contorno durante os meses de xullo e agosto. Trátase, dixo o rexedor, dun apoio "humanitario e político por unha causa xusta" , engadiu. O convenio ten un importe de 16.000 euros e permite a chegada de nenos saharauis desde os campamentos de refuxiados de Tindouf (Arxelia) a Vigo.
Descargar todas as imaxes