Escoitar

O Concello outorgou na última semana decenas de axudas ao aluguer, alimentos, auga e luz a familias sen recursos

Abel Caballero explicou este xoves que o goberno local, ao longo da última semana, concedeu a familias con escasos recursos económicos 20 axudas de emerxencia para o aluguer, 7 para abonar recibos da auga, outras 17 achegas para o pago da enerxía e 35 axudas para alimentación. O alcalde salientou que Vigo aplica "a política social máis de esquerdas que se fai en ningún municipio de España".

xoves, 29 mai 2014
Caballero explicou que as 20 axudas económicas para o pago de aluguer son de 270 euros de media, os apoios para o pago da auga e da enerxía eléctrica ascenden a 70 euros de media, mentres que as de alimentación son de 90 euros. O alcalde avanzou ademais que o goberno local ven de solventar un desafiuzamento e en próximos días agarda resolver outros dous casos.