A FEMP apoia a Vigo nas súa oposición a perder dotacións xudiciais e pedirá unha entrevista con Gallardón
O vicepresidente da FEMP, Abel Caballero, avanzou hoxe mércores que no Consello de Goberno deste organismo establecéronse as enmendas que van presentar contra a nova Lei Orgánica do Poder Xudicial. O alcalde de Vigo conseguiu o apoio da FEPM para reclamar que Vigo permaneza coas mesmas dotacións xudiciais que ata o de agora.
O alcalde de Vigo recabou o apoio da FEMP para solicitar ao ministro de Xustiza que Vigo permaneza coas mesmas dotacións xudiciais que ata o de agora. Así o explicou un día despois de que na Xunta de Goberno da Federación Española de Municipios e Provincias se estableceran as enmendas que van presentar a Lei Orgánica do Poder Xudicial para que prosegan os partidos xudiciais e as audiencias. Caballero, avanzou ademais que desde a FEMP van solicitar un encontro co ministro de Xustiza, Alberto Ruiz Gallardón.
Ademais, tomáronse outras decisións significativas, detallou o rexedor. A primeira delas pasa por crear unha comisión -na que estará o interventor do Concello de Vigo- para estudar o teito de gasto dos concellos, co obxectivo de que se flexibilice "tendo en conta s verbas do propio Goberno que di que peor da crise xa pasou polo que entendemos que non fai falla ser tan restrictivos". Asimesmo, o rexedor anunciou a creación doutro grupo de traballo para falar de fiscalidade, logo da decisión de dotar aos municipios dun sistema distinto, así como o establecemento de mecanismos para determinar como se determina o custo real dos servizos.