Veteranos do Celta xogan un partido para promocionar Cíes como Patrimonio da Humanidade
Célticos de Leyenda vs Estrellas del Fútbol Mundial medirá mañá no campo de O Vao a veteranos do Celta con xogadores internacionais nun partido de fútbol concebido para apoiar a candidatura das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade. Así o avanzou o rexedor, durante a prensentación do encontro que se celebrará mañá xoves no campo de O Vao, a partir das 20,45 h.
O alcalde de Vigo presentou esta mañá o partido de fútbol "Por Cíes Patrimonio da Humanidade", o primeiro evento que se fai para apoiar este recoñecemento, e que tamén terá fins benéficos, xa que o recaudado se achegará a asociacións e organizacións que traballan en favor dos menores. Mañá xoves, a partir das 20,45 h, no estadio de O Vao, daranse cita destacadas figuras do celtismo como Mazinho, Valery Karpin, Revivo, Vlado Gudelj, Vicente, Jorge Otero, Rafa Berges ou Cañizares, e capitaneados por Patxi Salinas, se enfrontarán a xogadores internacionais de gran palmarés como Luís Milla, Rochina, Ismael Urzáiz ou Fran Yeste.
Caballero agradeceu a organizadores e xogadores formar parte da primeira acción "dunha mobilización que vai durar anos", para conseguir que a Unesco recoñeza as Cíes como Patrimonio da Humanidade porque "empezamos do mellor xeito, cunha iniciativa vencellada ao deporte e aos símbolos da cidade".
Tal e como se explicou na rolda de prensa, na que o rexedor estivo acompañado por Patxi Salinas e Manuel Garrigo, organizador, as entradas a un prezo que oscilará entre os 8 e os 15 euros e instalaránse gradas supletaorias para ampliar o aforo ata os 6.000 asientos.
Descargar todas as imaxes