A Xustiza avala a decisión municipal de licitar un novo concurso para regular a zona azul
O alcalde de Vigo deu conta de que o Xuzgado do Contencioso número 2 de Vigo aceptou a proposta do Goberno local de proceder a licitar un novo concurso para o estacionamento regulado en superficie. Tal e como preveía o Concello, a Xustiza di que mentres que non se resolva o concurso o servizo debe ser prestado pola empresa que o desenvolve nestes momentos. Caballero engadiu que o Concello debe informar ao Xuzgado trimestralmente dos pasos dados para a nova convocatoria que esta adxudicación foi realizada por un goberno anterior e lembrou que esta situación responde a unha decisión do Tribunal Constitucional sobre a adxudicación deste servizo, realizada por un goberno anterior.