mércores, 28 mai 2014
O vicepresidente da FEMP, Abel Caballero, avanzou hoxe mércores que no Consello de Goberno deste organismo establecéronse as enmendas que van presentar contra a nova Lei Orgánica do Poder Xudicial. O alcalde de Vigo conseguiu o apoio da FEPM para reclamar que Vigo permaneza coas mesmas dotacións xudiciais que ata o de agora.
mércores, 28 mai 2014
O alcalde de Vigo deu conta de que o Xuzgado do Contencioso número 2 de Vigo aceptou a proposta do Goberno local de proceder a licitar un novo concurso para o estacionamento regulado en superficie. Tal e como preveía o Concello, a Xustiza di que mentres que non se resolva o concurso o servizo debe ser prestado pola empresa que o desenvolve nestes momentos. Caballero engadiu que o Concello debe informar ao Xuzgado trimestralmente dos pasos dados para a nova convocatoria que esta adxudicación foi realizada por un goberno anterior e lembrou que esta situación responde a unha decisión do Tribunal Constitucional sobre a adxudicación deste servizo, realizada por un goberno anterior.
mércores, 28 mai 2014
Célticos de Leyenda vs Estrellas del Fútbol Mundial medirá mañá no campo de O Vao a veteranos do Celta con xogadores internacionais nun partido de fútbol concebido para apoiar a candidatura das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade. Así o avanzou o rexedor, durante a prensentación do encontro que se celebrará mañá xoves no campo de O Vao, a partir das 20,45 h.
mércores, 28 mai 2014
O rexedor destacou a importancia de iniciativas como a caravana de Educación Vial da Fundación Mapfre para os máis pequenos, na prevención e na reducción dos sinistros. Esta actividade funcionará estará na Praza do Rei dende hoxe mércores ata o próximo sábado. Agárdase que máis de 1.000 escolares participen deste proxecto.