venres, 30 mai 2014
O alcalde informou dos principais asuntos abordados pola Xunta de Goberno Local deste venres, entre os que destaca a aprobación de humanizacións en Doutor Canoa, Baixada a Ríos e Doutor Corbal, por 345.000 euros, e dos proxectos de mellora da Subida á Madroa, Manuel Costas-Bastos, Subida á Mouteira, Seixo, Camiño Gándara e o acceso ao pavillón municipal de Coruxo, por 259.000 euros.
venres, 30 mai 2014
O alcalde de Vigo visitou este venres na Madroa aos xogadores da selección española Sub-19 de fútbol, que disputan na cidade olívica esta competición de combinados nacionais na que tamén participarán Alemaña, Lituania e Dinamarca. Caballero tamén trasladou a súa satisfacción polo encontro que disputarán en Balaídos as absolutas de España e Alemaña no mes de novembro.
venres, 30 mai 2014
O programa de artes escénicas e cinema ‘Material Memoria’, comisariado por Pablo Fidalgo Lareo, que se desenvolveu en paralelo á exposición ‘VERANEANTES’, complétase esta fin de semana coa proxección do filme El futuro, primeira longametraxe en solitario de Luis López Carrasco, membro fundador do colectivo audiovisual Los Hijos. Proxeccions venres 30 e sábado 31 de maio,ás 19.30 horas no Patio 1 (planta baixa)entrada gratuía,prazas limitadas ata completar aforo.
venres, 30 mai 2014
A Concellería de Igualdade proxecta este sábado 31 de maio ás 11.30 horas a película "CAMPAÍÑA: O SEGREDO DAS FADAS" do ciclo de cine infantil e xuvenil que durante todo o mes de maio estase a realizar no Auditorio Municipal.
venres, 30 mai 2014
A Concellería de Normalización Lingüística organiza o sábado 31, a partir das 18.00 horas un roteiro toponímico polo polígono de Navia. O roteiro sae do local da asociación veciñal Novo Vigo (As Teixugueiras, 11) e será guiado polas e polos monitores que realizaron diferentes obradoiros sobre a toponimia do lugar nos pasados meses.
venres, 30 mai 2014
O Instituto Municipal de Deportes de Vigo abre un novo prazo para a inscrición das entidades deportivas, que desexen participar no Programa de Municipal de Escolas Deportivas, no que se promoverán unha gran oferta de modalidades diferentes, distribuídas polas instalacións deportivas municipais, durante os meses de Outubro a Maio.
venres, 30 mai 2014
Por resolución da Concelleira de Economía e Facenda do Concello de Vigo de data 22 de maio do 2014, sinálase o período voluntario de cobranza da taxa pola Recollida do Lixo de Vivenda e Industrial. O período de cobranza é do 3 de xuño de 2014 ao 6 de agosto do 2014, ambos os dous incluídos.<br />
venres, 30 mai 2014
Co inicio da campaña de verán , época de máximo perigo de lumes, faise necesario extremar as medidas de prevención destes. Durante este período, que vai do 1 de xuño ata o 30 de setembro, non se poderá realizar ningunha queima de calquera tipo, dentro da zona urbana do termo municipal de Vigo.<br />
venres, 30 mai 2014
As persoas físicas ou xurídicas que teñan intención de realizar unha fogueira a noite de SAN XOAN deberán solicitala no Rexistro Xeral do concello, cunha antelación mínima de quince días (15) ao evento, especificando nome, enderezo, teléfono e D.N.I. (achegar fotocopia) dos/das responsables, plano de situación ca indicación do lugar (solicitado na oficina de Información urbanística).
venres, 30 mai 2014
Por medio do presente Bando, ponse en coñecemento dos interesados en realizar disparos ou queimas de material pirotécnico en contía menor de 50 kg. no termo municipal de Vigo, en especial as comisións de festas e empresas pirotécnicas , os requisitos necesarios para obter a preceptiva autorización municipal.