Escoitar

Pleno da Corporación

venres, 30 mai 2014


PLENO DO EXCMO. CONCELLO .- Núm. 9


CONVOCATORIA

ORDE DO DIA para a sesión ORDINARIA (maio) que terá lugar o día 2 de XUÑO de 2014, ás NOVE HORAS, no salón de Plenos deste Concello.


PARTE RESOLUTIVA

1.- Actas anteriores: (sesión ordinaria do 31.03 e extraordinaria do 28.04.2014).

2.- Declaracións institucionais.


3.- Ditames das comisións informativas:


ECONOMÍA, FACENDA E EDUCACIÓN
3.1.- Dar conta do informe trimestral de Tesourería sobre o cumprimento dos prazos para o pago das obrigacións previstas na Lei de Contratos do Sector Público, correspondente ao 1º trimestre do ano 2014. Expte. 7275/540 (886/1101)

URBANISMO
3.2.- Dar conta da contratación por emerxencia da obra de execución subsidiaria de derruba na nave industrial de "Frigoríficos Berbés" sita na Av. Beiramar nº 73. Expte. 7036/407 (888/1101).

3.3.- Proposta de aprobación definitiva do PERI "Barrio do Cura". Expte. 12403/411 (891/1101).


4.- Proposicións mencionadas no artigo 63 do regulamento do Pleno.

5.- Mocións:

5.1.- Moción do grupo municipal Socialista, instando ao Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño e á Xunta de Galicia ó obxecto de que aporten a mesma cantidade que o Concello de Vigo para a realización da feira de Conxemar. Expte. 895/1101.

5.2.- Moción do grupo municipal Socialista instando ao SERGAS a non pechar nin unha soa cama na Área Sanitaria de Vigo. Expte. 896/1101.

5.3.- Moción do grupo municipal Socialista, instando á Xunta de Galicia a inmediata reposición dun programa que contemple as necesidades de aluguer de vivenda para os colectivos máis necesitados e desprotexidos. Expte. 897/1101.


6.- Asuntos ou mocións urxentes.


PARTE DE CONTROL

1.- Toma de coñecemento dos acordos ou resolucións doutros órganos municipais ou de informes ou escritos que así o requiran.

1.1.- Dar conta de resolucións da Alcaldía.

1.2.- Dar conta de resolucións asinadas por concelleiros/as delegados/as.


2.- Coñecemento dos informes citados no art. 38.2.m.4º do Regulamento do Pleno.

3.- Comparecencias de membros da Corporación.


4.- Mocións.

4.1.- Moción do Grupo municipal do BNG instando ao goberno municipal a potenciar o Aeroporto de Peinador como ferramenta de benestar e prosperidade económica e turística de Vigo e de Galicia. Expte. 890/1101.

4.2.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando ao goberno municipal a creación dun programa para o fomento e integración do alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo. Expte. 879/1101.

4.3.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando ao goberno municipal que asuma a reparación íntegra da praza en superficie do aparcadoiro da R/Coruña, próxima aos edificios dos xulgados e facenda. Expte. 892/1101.

4.4.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando ao goberno municipal a estudar a posibilidade de crear un Festival Internacional de Teatro relacionado coa cultura galega e latinoamericana. Expte. 893/1101.


4.a. Mocións urxentes de control do goberno municipal.


5.- Formulación de rogos.

6.- Formulación de preguntas.


DECRETO DE CONVOCATORIA:

Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes conclusos para a súa inclusión na orde do día, convócase ó Pleno da Corporación para ter lugar sesión ORDINARIA (maio) no salón de Plenos ás NOVE HORAS do día DOUS DE XUÑO, para resolver os asuntos da devandita relación.

Se na primeira convocatoria non existira o quorum necesario, entenderíase convocada a sesión automaticamente á mesma hora dous días despois.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Corporación para a súa concorrencia puntual ó acto e fágase público no taboleiro da Casa do Concello ós efectos de información.

Vigo, 29 de maio de 2011
O ALCALDE, O SECRETARIO XERAL DO PLENO,



Abel Caballero Álvarez José Riesgo Boluda.