Escoitar

O Concello acelera os 2 millóns de euros para axudas de vivenda, subministros e alimentación

O goberno local deu luz verde as bases que rexirán a concesión de 2 millóns de euros en axudas para vivenda, subministros e alimentación. Segundo explicou o rexedor, esta aprobación permitirá axilizar a concesión das achegas, unha vez que se aproben os orzamentos de 2014.

venres, 30 mai 2014
1401450146alcalde6.jpg
O alcalde deu conta esta mañá da aprobación das bases para o Programa municipal de axudas para gastos de aloxamento, subministros e alimentación dotado con 2 millóns de euros. Somos, dixo o rexedor, o único Concello de España que ten un plan para "evitar que a xente se quede sen vivenda".

Tal como explicou, estase a facer un anticipo de gasto para que, cando se aproben os orzamentos de 2014, os trámites administrativos xa estean avanzados, ao tempo que apuntou que a adxudicación das axudas será en réxime de concurrencia competitiva.

Os requisitos son os seguintes: todos os membros da unidade de convivencia deben residir e estar empadronado en Vigo desde hai tres anos; todos os membros da unidade familiar deben compartir vivenda co solicitante a data 1 de xaneiro de 2014; ningún membro da unidade de convivencia pode ter renunciado a ningunha axuda o prestación á que tivera dereito; ningún membro da unidade pode ter ben inmoble que non sexa a vivenda habitual; as rendas da persoa ou unidade de convivencia, unha vez descontado o coste mensual dos gastos de aloxamento, non superen os seguintes límites:

Ingresos máximos por unidade de convivencia:
1 membro: 200 euros
2 membros: 300 euros
3 membros: 375 euros
4 membros: 450 euros
5 membros: 500 euros
6 membros: 575 euros

Os gastos mensuais de aloxamento que se poderán deducir dos ingresos son os seguintes:
1 membro: 150 euros
2 membros: 250 euros
3 membros: 275 euros
4 membros: 300 euros
5 membros: 350 euros
6 membros: 400 euros

Tal e como enfatidou o rexedor, estas axudas están enfocadas a persoas sen recursos e con "clara vocación de manter a vivenda" polo que se permite descontar dos ingresos o custo do vivenda ata un máximo. Ademais, os pagos aos que acrediten aluguer faranse directamente ao arrendador.

As solicitudes poderán empezarán a presentarse nas próximas semanas, ao día seguinte de que o BOP publique estas bases e o prazo será de 20 días hábiles.

Xerencia
Na sesión da Xerencia de Urbanismo desta mañá tomouse coñecemento dos informes sobre o Porto de Canido e, en verbas do rexedor, o novo documento presentado renuncia a calquera proposta de ampliación para as instalacións náutico recreativas polo que xa "coincide prácticamente coa delimitación prevista no PXOM. Na reunión semanal de Urbanismo tamén se deu conta do bo funcionamento do sistema de comunicación previa para abrir negocios. O control a posteriori que está funcionando en prazo e no mes de marzo, tramitáronse 203 comunicacións en toda a cidade, mentres que no primeiro trimestre este número situose en 131 para o Casco Vello. Tamén se deu conta da concesión de 12 licenzas de obra e 3 de actividade para un investimento de 216.000 euros.

Descargar todas as imaxes