O goberno local aproba melloras en rúas por un valor próximo aos 500.000 euros
O alcalde informou dos principais asuntos abordados pola Xunta de Goberno Local deste venres, entre os que destaca a aprobación de humanizacións en Doutor Canoa, Baixada a Ríos e Doutor Corbal, por 345.000 euros, e dos proxectos de mellora da Subida á Madroa, Manuel Costas-Bastos, Subida á Mouteira, Seixo, Camiño Gándara e o acceso ao pavillón municipal de Coruxo, por 259.000 euros.
Caballero detallou que a humanización de Doutor Canoa supón un investimento para as arcas municipais de 230.000 euros e contempla un prazo de execución de obras de catro meses, mentres que as reformas de Baixada a Ríos e Doutor Corbal alongaranse por tres meses cun orzamento de 115.000 euros.
Nun segundo lote validado hoxe, o goberno de Vigo acordou aprobar proxectos de mellora da rede de pluviais e renovación das beirarrúas e do firme da Subida á Madroa e Manuel Costas-Bastos, en Candeán, por 64.000 euros; da Subida á Mouteira en Bembrive e a rúa Seixo en Beade, por 85.000 euros; e do acceso ao pavillón municipal de Coruxo e de Camiño a Gándara, por 110.000 euros.
Instalacións deportivas
O goberno local, segundo informou Caballero, aprobou os proxectos e de execución de obras dun campo de fútbol 11 na ETEA e da reforma integral dos existentes en Samil e nas Travesas, cun importe total de 855.000 euros.