Caballero mostrouse "encantado" de que Vigo acolla a Ronda Élite do Campionato de Europa Sub-19
O alcalde de Vigo visitou este venres na Madroa aos xogadores da selección española Sub-19 de fútbol, que disputan na cidade olívica esta competición de combinados nacionais na que tamén participarán Alemaña, Lituania e Dinamarca. Caballero tamén trasladou a súa satisfacción polo encontro que disputarán en Balaídos as absolutas de España e Alemaña no mes de novembro.