Roteiro toponímico por Navia
A Concellería de Normalización Lingüística organiza o sábado 31, a partir das 18.00 horas un roteiro toponímico polo polígono de Navia. O roteiro sae do local da asociación veciñal Novo Vigo (As Teixugueiras, 11) e será guiado polas e polos monitores que realizaron diferentes obradoiros sobre a toponimia do lugar nos pasados meses.

Nestes obradoiros recuperamos topónimos de sempre do lugar grazas á colaboración de persoas maiores da zona. Logo as e os cativos pintaron os indicadores destes lugares para dar a coñecer estes topónimos e así saber que temos nomes de seu para denominar os diferentes viais, prazas, camiños... do polígono.
Haberá intérprete de lingua de signos durante o percorrido
Descargar todas as imaxes
Haberá intérprete de lingua de signos durante o percorrido