Escoitar

No MARCO proxección do filme "El futuro", de Luis López Carrasco e fin do ciclo ‘Material Memoria’<br /> <br />

O programa de artes escénicas e cinema ‘Material Memoria’, comisariado por Pablo Fidalgo Lareo, que se desenvolveu en paralelo á exposición ‘VERANEANTES’, complétase esta fin de semana coa proxección do filme El futuro, primeira longametraxe en solitario de Luis López Carrasco, membro fundador do colectivo audiovisual Los Hijos. Proxeccions venres 30 e sábado 31 de maio,ás 19.30 horas no Patio 1 (planta baixa)entrada gratuía,prazas limitadas ata completar aforo.

venres, 30 mai 2014
1401445306image002.jpg
Un grupo de rapaces bailan e beben nunha casa. A atmosfera é festiva e alegre. A vitoria do PSOE nas eleccións xerais de 1982 semella recente e a noite está contaxiada dun espírito de euforia e celebración. O intento de golpe de Estado de 1981 parece corresponder a outro tempo, coma se pertencese a un pasado que se afasta a gran velocidade. Poderiamos dicir que en España, en 1982, todo estaba por vir, todo era futuro. Non obstante, o futuro tamén parece aproximarse a enorme velocidade, como un burato negro que devora todo o que atopa ao seu paso.

Luis López Carrasco (Murcia, 1981),cineasta, escritor e artista visual é co-fundador do colectivo audiovisual Los hijos, dedicado ao cinema documental e experimental. O traballo do colectivo ten sido proxectado en numerosos festivais e centros de arte internacionais. O Festival Internacional de Mar del Plata, o Festival Distrital de México DF, o Festival de cine Lima Independiente, CGAI e Arteleku dedicáronlle ciclos monográficos.

A primeira longametraxe do colectivo, Los materiales, gañou o premio Jean Vigo á mellor dirección do Festival Internacional Punto de vista de Navarra 2010 e a Mención especial do Xurado de FiD Marseille 2010. El futuro é a súa primeira longametraxe en solitario.
Descargar todas as imaxes