O goberno fará unha convocatoria extraordinaria en 2015 para os alumnos que o ano pasado quedaron sen bolsa de inglés
Os estudantes aos que o curso pasado lles correspondía gozar dunha das bolsas de inglés que o Concello outorga poderán viaxar a Gran Bretaña en 2015. O Concello organizará unha convocatoria extraordinaria para que estes alumnos -que o ano que ven cursarán 2º de bacherelato- viaxen no mes de setembro coa bolsa "que a cidade lles debe".
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciu hoxe que o curso que vén farase unha convocatoria extraordinaria de bolsas de inglés para aqueles estudantes que terían que telas disfrutado o curso pasado, cando o Concello non foi quen de convocar as prazas debido a que a "oposición obrigou" a retirar a partida orzamentaria destiñada a este programa. "Iránse o ano que ven para gozar da bolsa que a cidade lles debe", explicou en rolda de prensa, xustificando a retraso desta convocatoria ata 2015 dado que estes estudantes xa cursarán 2º de bacherelato e poderán viaxar en setembro sen os problemas derivados do inicio du curso lectivo porque xa terán rematados os seus estudos e incluso o examen de selectivo.
Asimesmo, Caballero lembrou que xa está aberto o periodo de solicitude de bolsas para os alumnos que cursan terceiro da ESO. Desde o pasado 26 de maio ata o 6 se xuño os interesado poderán aspirar a unha das 290 prazas para as que hai destiñadas unha axuda de 700.000 euros. Os requisitos para acceder a estas axudas son, ademais de estar en 3º da ESO, estar empadronado en Vigo e non ter axudas para estudar inglés no estranxeiro de ningunha outra institución.
Descargar todas as imaxes