Escoitar

CONVOCATORIA DO PROGRAMA MUNICIPAL DE ESCOLAS DEPORTIVAS 2014-2015 "Achégate o deporte"

O Instituto Municipal de Deportes de Vigo abre un novo prazo para a inscrición das entidades deportivas, que desexen participar no Programa de Municipal de Escolas Deportivas, no que se promoverán unha gran oferta de modalidades diferentes, distribuídas polas instalacións deportivas municipais, durante os meses de Outubro a Maio.

venres, 30 mai 2014
O Instituto Municipal dos Deportes, comprométese co Deporte en Vigo a través da potenciación deste programa Municipal de Escolas deportivas, a través do cal se posibilitarán os seguintes aspectos de colaboración cas entidades que o desenrolan:

- Coordinar as necesidades de promoción e difusión do proxecto, e promover a máxima difusión da oferta de iniciación as diversas practicas deportivas coas entidades da cidade de Vigo.
- Garantir unha calidade na práctica e na formación deportiva das entidades participantes.
- Facilitar o uso das Instalacións deportivas Municipais de maneira gratuíta.
- Colaborar na financiación dos gastos xerais que teñen as entidades deportivas participantes, así como dotar as mesmas do material didáctico/deportivo necesario.

DONDE E COMO PODO PRESENTAR A SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN

Poderán presentar solicitude todas as entidades deportivas que forman parte do actual programa, así como calquera outra entidade que queira incorporarse a este novo programa de escolas deportivas 2014-2015.

A presentación da solicitude se deberá realizar coa presentación dun proxecto docente para o programa municipal de escolas deportivas. O prazo de presentación estará aberto dende a publciacion ata o 20 de Xuño, e debera presentarse no rexistro do Instituto Municipal dos deportes.

Requisitos mínimo do proxecto:

Identificación da Entidade Deportiva solicitante:
- Nome da entidade. Domicilio, Teléfono, e-mail de contacto, cif,
- Datos do presidente e cargos responsables da entidade.
- Datos de referencia deportiva da entidade.

Proxecto de escola na modalidade deportiva que pretende desenvolver, cos seguintes apartados:
- Obxectivos a desenvolver na escola deportiva. Especificación dos contidos a desenvolver ó longo do curso, distribuídos por idades e categorías. Metodoloxía de traballo, procesos de avaliación, etc.
- Solicitude de instalacións, horarios e días para a actividade ou descripción da dispoñibiladade de medios propios
- Persoal titulado que desenvolverá o programa docente, e que asina o proxecto docente.

Para máis información poden chamar ós teléfonos 986-232884.