B A N D O : REQUISITOS PARA A CONCESION DE AUTORIZACION PARA O DISPARO OU QUEIMA DE MATERIAL PIROTÉCNICO (MENOS DE 50 KG.) DENTRO DO TERMO MUNICIPAL DE VIGO
Por medio do presente Bando, ponse en coñecemento dos interesados en realizar disparos ou queimas de material pirotécnico en contía menor de 50 kg. no termo municipal de Vigo, en especial as comisións de festas e empresas pirotécnicas , os requisitos necesarios para obter a preceptiva autorización municipal.
PRIMEIRA. DISPOSICIÓNS XERAIS
1.OBXECTO
a)Aos efectos establecidos no presente Bando, non se considera preceptivo a autorización municipal para o disparo ou queima de material pirotécnico das clases I e II, establecidas por la Instrucción Técnica complementaria nº 19 do Regulamento de Explosivos, na súa redacción dada pola Orde PRE/174/2007, de 21 de Xaneiro.
b)Non obstante o establecido no apartado anterior, cando a contía de material pirotécnicoa disparar ou queimar supere os 50 kg., so poderá realizarse con autorización da Subdelegación de Goberno na Provincia de Pontevedra, independentemente da clasificación dos artificios.-
1.PROHIBICIÓNS
1)Prohíbese o disparo ou queima de material pirotécnico a menos de 300 metros de calquera depósito ou almacén que conteña ou almacene substancias ou materiais susceptíbeis de arder ou defragrar, mesmo se non é preceptiva a autorización municipal.
2)Con carácter xeral, prohíbese o disparo de fogos de artificio ou queima de materiais pirotécnicos de ninghuna clase en terrreos forestais e nas zonas de influencia forestal, entendidas estas coma as áreas estremeiras que abranguen unha franxa circundante dos terreos forestais cunha largura de 400 metros .
3)Sen perxuizo do disposto no apartado anterior, e como única excepción, en festas locais ou de arraigada tradición cultural poderase obter autorización para realizar o disparo ou queima de material pirotécnico en zonas de influencia forestal, sempre salvaguardando o límite do 2.1 , agás cando no Indice de Risco Diario de Incendio Forestal publicado pola Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, o Distrito XVIII (ó que pertence Vigo) apareza co nivel 5.
4)A zona de lanzamento deberá estar valada o cercada nun perímetro non inferior a 50 metros, non puidendo estar no recinto persoal non autorizado, agás o que vai realizar o lanzamento.Así mesmo deberá estar libre de clableado eléctrico ou calquera outro obstáculo que pida alterar a traxectoria do lanzamento.
5)Disporán de dous extintores de pó polivalente ABC de 12 quilos dende onde se efectúen os lanzamentos, así como mínimo, de dúas pás e dúas azadas.
SEGUNDA: DAS SOLICITUDES
1.REQUISITOS FORMAIS DAS SOLICITUDES
1)As solicitudes, debidamente cumprimentadas e achegando a documentación precisa, deberán presentarse como mínimo con 15 días naturais de antelación ao evento, necesarios para realizar os trámites e comunicación legalmente esixidos; a presentación de solicitudes fóra do prazo sinalado suporá a imposiibilidade de outorgamento da autorización.
2)A solicitude deberá acompañarse sempre do número de teléfono e fax do responsable, promotor ou organizador da tirada, por se fose necesario realizar comunicacións urxentes.
1.DATOS IMPRECINDIBEIS DAS SOLICITUDES DE AUTORIZACIÓN.
Todas as solicitudes deberán achegar a seguinte documentación
Quilogramos de explosivos ou mistura de cada conxunto de artificios que constitúan un efecto recreativo homoxéneo e das unidades que forman cada conxunto.
Altura aproximada que acada o material pirotécnico de proxección vertical no punto máximo de elevación.
Data, número de clasificación, catalogación e fabricante de cada un dos artificios a disparar.
Secuencia de comezo de disparo entre sección e orde a seguir nos disparos de cada sección, especifando a hora exacta de comezo e finalización de cada tirada.
Tipo, forma e características da protección disposta para evitar toda clase de lesións ou danos ás persoas e aos bens, especialmente a protección das masas forestaris, con expresa mención das condicións da área de seguridade, ao abeiro do disposto na Orde do Ministerio de Relacións coas Cortes e da Secretaría do Goberno, de 20 de outubro de 1988, pola que se regula a manipulació e uso de produtos pirotécnicos na realización de espectáculos públicos de fogos artificiais (B.O.E. Nº 260, de 29/10/1988), na súa redacción dada pola Orde Ministerial de 2 de marzo de 1989 (B.O.E nº 53, de 3/3/1989).
Lugar onde se van a realizar os disparos, coas características do seu entorno perimetral nun mínimo de 300 metros , a contar dende o lugar do disparo. Cumprimentarase este requisito coa presentación de plano actual de escala 1:1000 ou 1:2000 da Cartografía Oficial do Concello, no que se sinalará o lugar de disparo. Este plano pódese conseguir na Xerencia Municipal de Urbanismo, con oficina na Praza do Rei.
Nome e apelidos ou razón social e domicilio das persoas ou entidades de pirotecnia que van a realizar o disparo, aportando os TC1 e TC2 a fin de demostrar a afiliación á Seguridade Social e o abono da prima de seguro que a autoridade laboral dispoña por razón do risco específico.
Copia da póliza de seguro de responsabilidade civil que cubra os posibles danos causados en contía mínima de 300.000 € , e da factura ou resgardo bancario de pagamento da prima do ano en curso.
No caso de festas locais de arraigada costume ou interés cultural que queiran beneficiarse do establecido no artigo 2.3 do presente Bando, deberán acreditar tal condición.
PERMISO DA TORRE DE CONTROL DO AEROPORTO DE VIGO
2.CONSECUENCIAS DOS DEFECTOS NAS SOLICITUDES.
1. A inexistencia ou deficiencia dos requisitos materiais, suporá o requirimento pr parte da Área para súa cumprimentación no prazo de dez días. Transcorrido o prazo concedido para iso, entenderase o desistimento da solicitude e procederase ao arquivo do expediente.
2.As solicitudes de autorización presentada de xeito extemporáneo, ou que non cumpran cos requirimentos de cumprimentación, e as soliciudes de disparo o queima en lugares prohibidos, non recibirán en ningún caso autorización, e darase parte á Policía Local para verificar que non se proceda á queima non autorizada de material pirotécnico.
TERCEIRA: PROCEDEMENTO DE AUTORIZACION
3.TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES.
1.Conformada a solicitude cos requisitos formais e materiais esixidos, e previa revisión da adecuación do seu contido ás normas estatais e autonómicas de aplicación ,o Área recabará informe por escrito do Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento, que xirará visita de inspección ao lugar sinalado como de disparo ou queima do material pirotécnico a estes efectos.
2.O Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento realizará todas as comprobacións que se consideren oportunas no desenvolvemento das funcións de inspección; a falta de cooperación do solicitante ou a interposición polo mesmo de trabas ou impedimentos para o normal desenvolvemento das labores de inspección, suporá a denegación da solicitude sen máis trámite e o arquivo das actuaciòns, sen prexuizo das responsabilidades nas que o interesado puidese ter incorrido.
3.O Informe do Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento terá carácter preceptivo e vinculante; no caso de que sexa negativo, poderá proporse de oficio ou a instancia do interesado un novo lugar de disparo.
4.DAS AUTORIZACIÓNS.
1.Cumprimentados todos os requisitos formais e materiais, e sendo o informe de inspección positivo, de non existir impedimento doutra índole procederase a outorgar a autorización .
2.Se a tirada se realiza nas zonas de influencia forestal, remitirase por fax copia da autorización á Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia e ao Servizo Provincial de Prevención e defensa contra incendios forestais de Pontevedra.
3.En todo caso, remitirase por fax cadansúa copia á Oficina de Coordinación Aeroportuaria , a Protección Civil ao Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento, e á Policía Local.
CUARTA: DA REVOGACIÓN DAS AUTORIZACIÓNS
1.FACULTADES DE REVOGACIÓNS
1.Sen prexuizo de que se conceda a autorización, esta poderá ser revogada en calquera momento polo Concello de Vigo, por iniciativa propia, cando de acordo co Índice de Risco Diario de Incendio Forestal publicado pola Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, o Distrito XVIII (ó que pertence a Vigo) teña índice 3 ou 4 , tendo en conta as condicións climáticas e a proximidade das masas forestais.
En todo caso, cando o Índice diario marque para o Distrito XVIII o nivel 5 , as autorizacións concedidas consideraranse revogadas automaticamente. A estes efectos realizaranse as revisións diarias do nivel de risco na páxina web da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, coa dirección http://mediorural.xunta.es/forestal/irdi/index.php.
2.Procederase tamén á revogación cando así o solicite ó Concello o Servizo Provincial de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais ou a Consellaría de Medio Rural da Xunta de Galicia, ou calquera outra autoridade civil ou militar por motivos de orde público.
3.Revogada a autorización, daráselle traslado ó solicitante da revogación, coa orde de que suspenda a tirada, e darase parte á Policía Local para que se persoe no lugar a fin de comprobar e sancionar posibles desobediencias.
4.A revogación da autorización non dará dereito a indemnización, ao estar adoptada por forza maior, ao abeiro do establecido no art. 139 da Lei 30/1992. O promotor ou organizador da festa ten a obriga xurídica de soportar a frustracións das expectivas lúdicas e as perdas patromoniais que eventualmente se lle irroguen pola revogación da autorizacion.
2 EXENCIÓN DE RESPONSABILIDADE
1.A autorización outorgada non eximirá ó promotor ou organizador da queima ou disparo de material pirotécnico das responsabilidades en que incorrese polas lesións, danos e perdas a que houber lugar no caso de que concorra culpa ou neglixencia.
2.O Concello de vigo, resérevase o dereito a repetir contra o promotor ou organizador os custos que eventualmente se lle xeneren por causa ou como consecuencia da queima ou disparo de material pirotécnico.
QUINTA: DA VIXENCIA DO BANDO
1. ENTRADA EN VIGOR
A presente norma entrará en vigor ao día seguinte á súa publicación nos medios habituais do eido local.
2.EVISION DO CONTIDO DO BANDO
O presente bando deberá ser revisado anualmente ,aos efectos de cumprir coa normativa que ulteriormente se adopte en desenrolo da Lei 3/2007, de 9 de abril,de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia.
A todos os efectos, a aprobación de normativa de desenvolvemento da Lei 3/2007 que sexa incompatíbel co presente Bando será de apllicación preferente sobre o mesmo.
Vigo, 15 de maio de 2014
O ALCALDE
Abel Caballero Álvarez