Caballero visita o avance da obra "para a transformación da Avenida de Madrid"

xoves, 10 xul 2025

O alcalde achegouse ata a Avenida de Madrid para coñecer os avances da obra que hoxe remata a retirada dos valos laterais. "É unha obra excepcional e pola que temos gran interese", explicou. Para Caballero, a humanización da Avenida de Madrid "será unha nova forma de entrar en Vigo, con seguridade, permeabilidade, e converténdoa nunha avenida urbana". A obra está cofinanciada co Goberno de España, que achega o 70% dos 17 millóns de euros.

"Vigo cidade de cor" dota de nova estética a pista de baloncesto da Salgueira

venres, 4 xul 2025

O alcalde, a primeira tenente de Alcaldía e o concelleiro de Parques e Xardíns visitaron esta mañá á obra do artista Víctor García, de "Playincolors", realizada no parque Ricardo Aldao do barrio da Salgueira. Enmarcada no XI Programa de murais "Vigo cidade de cor", a creación dota de nova estética a pista de baloncesto. Nesta edición o programa suma as obras de 5 artistas de 5 países: Arxentina, México, Polonia, Grecia e España, Haberá 11 novos murais. “Vigo, cidade de cor” suma xa máis de 190 intervencións.

Vigo súmase ao Día Mundial da Esclerodermia

venres, 27 xuñ 2025

As fontes de Aragón ilumínanse de verde este domingo, 29 de xuño, polo Día Mundial da Esclerodermia, unha xornada de concienciación sobre a enfermidade e de apoio a quen a padece. A esclerodermia é unha enfermidade crónica, autoinmune e rara, caracterizada polo endurecemento da pel e, nalgúns casos, de órganos internos.