Escoitar

O goberno local dedica 7,4 millóns de euros do orzamento extraordinario a educación e deporte

Abel Caballero anunciou actuacións en 7 colexios da cidade e 9 instalacións deportivas. “Seguimos avanzando na mellora da cidade”, afirmou.

mércores, 25 xuñ 2025

O alcalde anunciou 16 novas obras incluídas no orzamento extraordinario cun importe de 7,4 millóns de euros. Neste caso son investimentos en educación e deporte que se suman ás obras xa anunciadas ao longo da semana.

O Concello actuará en 7 colexios cun importe de 3.466.000 euros: O muro de contención do CEIP Igrexa Valadares por 221.000 euros, o do CEIP Valle Inclán por 195.000 euros, a cubrición dos patios do Celso Emilio Ferreiro e Lope de Vega por 755.000 e máis dun millón de euros respectivamente, a cuberta do Celso Emilio Ferreiro por 524.000 euros e a do Chans Bembrive por medio millón así como a mellora da parcela do CEIP Mestre Goldar cun importe de 175.000 euros.

Na parte deportiva Caballero anunciou a ampliación do orzamento para a piscina de Teis cun millón de euros adicional ao xa orzamentado. 800.000 euros para o complexo deportivo de A Madroa, a cuberta do pavillón de Teis recibe 522.000 euros e case o mesmo presuposto para a de Travesas. Son 250.000 euros para a cuberta do pavillón de Coruxo e para a do pavillón do frontón cuberto. Para o pavimento dos pavillóns de Lavadores e Bembrive serán 240.000 euros e 350.000 euros para a herba do campo de fútbol do Monte da Mina. “O importe total é de case 4 millóns de euros”, concluíu o alcalde.

Caballero vén de anunciar obras e investimentos do orzamento extraordinario por un importe de 23,3 millóns de euros.

Descargar todas as imaxes