Escoitar

O IFEVI acollerá os días 5 e 6 de xullo a terceira edición de "Kokoro Japan Expo 2025"

A fin de semana do sábado 5 e o domingo 6 de xullo o Instituto Feiral de Vigo acollerá a terceira edición de “Kokoro Japan Expo 2025”. Dedicado á cultura xaponesa, o manga, o anime, a gastronomía e os xogos, contará cunha extensa oferta de actividades e a presenza de invitados internacionais. O alcalde chama á participación da cidadanía de Vigo nunha exposición "moi entretida".

martes, 24 xuñ 2025

O alcalde, Abel Caballero, a concelleira de Mocidade, María Lago, e o organizador da nova edición de “Kokoro Japan Expo 2025”, Óscar Gómez, presentaron hoxe a exposición que a primeira fin de semana de xullo despregarase en 9.000 metros do IFEVI.

O rexedor animou a asistir a unha cita que conta “con todos os aditamentos das novas culturas que se ancoran na tradición xaponesa” e que están pensadas para que participen persoas de todas as idades.

Óscar Gómez apuntou a presenza de artistas de Grecia, España e Portugal e a exposición, por primeira vez, de vehículos xaponeses.  A organización espera contar con 12.000 visitantes.

As entradas atópanse á venda na web oficial: www.kokorojapanexpo.com.

Descargar todas as imaxes