Escoitar

A 58 edición do Rallye Recalvi Rías Baixas recupera a subida ao Castro

Abel Caballero presentou este luns a 58 edición do Rally Recalvi Rías Baixas Gran Premio Concello de Vigo, que terá lugar o venres 4 e o sábado 5 de xullo, e que recupera a subida ao Castro.

luns, 23 xuñ 2025

A nova edición do rally que se celebrará en Vigo e na comarca segue entre os mellores do país e, por segundo ano consecutivo, é supercampeonato de España, tal e como destacou hoxe o alcalde ao explicar que Vigo acollerá a cuarta proba da tempada de 2025, que conta con 8 competicións nacionais.

Divididos os 129,5 quilómetros da proba en 12 tramos, un total de 4 celebraranse o sábado, recuperando a subida ao Castro, segundo destacou hoxe Abel Caballero ao animar a cidadanía de Vigo a gozar do rallye. O venres pola mañá está programado o shakedown e o tramo de clasificación desde o polideportivo municipal Vicente Álvarez de Bembrive ao campus universitario.

A organización prevé a participación de 80 pilotos.

Caballero lembrou a importancia de manter o rally na cidade da automoción e do deporte.

Descargar todas as imaxes