Escoitar

Samil e Vialia acollen os días 10 e 11 de xullo o Encontro Internacional de Danza urbana "Vikul"

A pista de patinaxe da praia de Samil e Vialia serán escenario, os días 10 e 11 de xullo, da décimo terceira edición do “Encontro Internacional de Danza Urbana. Vikul”. O alcalde animou á cidadanía a asistir aos espectáculos que cada ano reforzan o seu peso nas festas de Vigo.

luns, 23 xuñ 2025

Abel Caballero destacou este luns a crecente importancia do festival de danza “Vikul” que este ano contará coa presenza de dous artistas de Vigo con proxección internacional: Daniel Suárez e Andy Rodríguez.

A directora do encontro, Marta Díaz Almeida, destacou que o programa deseñado para os días 10 e 11 de xullo na praia de Samil e no Centro Comercial Vialia, destacará o traballo dos bailaríns de Vigo, especialmente dos que tras conseguir proxección nacional e internacional volveu á cidade para seguir desenvolvendo os seus proxectos.

Díaz reinvindica o poder transformador da danza, especialmente para nenos e mozos cada vez máis apegados ao consumo tecnolóxico.

Descargar todas as imaxes