venres, 27 xuño 2025

Entrega de medallas aos primeiros 150 participantes no campus de verán da Fundación Vide para o Deporte

venres, 27 xuñ 2025

Abel Caballero entregou este venres as medallas ás 150 nenas e nenos que participaron no primeiro dos tres campus de verán organizados pola Fundación Vide para o Deporte co financiamento do Concello de Vigo. Nas actividades, que finalizarán o 11 de xullo, participarán un total de 450 nenas e nenos. O programa conta en 2025 cunha achega municipal de 125.000 euros

Caballero participa na clausura do campus polideportivo do Coruxo

venres, 27 xuñ 2025

Abel Caballero, a primeira tenente de Alcaldía, Carmela Silva, e o edil de Deportes, Manel Fernández, participaron este venres no peche do campus polideportivo de verán “Aprende a xogar”, que organiza o Coruxo Fútbol Club co patrocinio do Concello. 500 nenas e nenos de entre 6 a 14 anos participaron durante unha semana neste campus no que probaron diferentes disciplinas deportivas e que remataron este mediodía cun baile conxunto

Vigo súmase ao Día Mundial da Esclerodermia

venres, 27 xuñ 2025

As fontes de Aragón ilumínanse de verde este domingo, 29 de xuño, polo Día Mundial da Esclerodermia, unha xornada de concienciación sobre a enfermidade e de apoio a quen a padece. A esclerodermia é unha enfermidade crónica, autoinmune e rara, caracterizada polo endurecemento da pel e, nalgúns casos, de órganos internos.