O HALO recibe un premio da Asociación Española de Enxeñería Estrutural
O V Premio ACHE de Enxeñería Estrutural súmase ao resto de galardóns que xa ten o ascensor máis icónico da cidade. Caballero sinala o HALO como “unha referencia para toda España".

O HALO suma un novo recoñecemento como obra arquitectónica. Neste caso, o Concello recibirá o V Premio ACHE de Enxeñería Estrutural na categoría de pasarelas no IX Congreso de ACHE (Asociación Española de Enxeñería Estrutural) que se celebra ao longo desta tarde na cidade de Granada e onde Vigo estará representada polo tenente Alcalde e delegado da Área de Fomento, Javier Pardo.
Estes premios distinguen as obras pola súa calidade, importancia e innovación, así como a súa contribución ao progreso. Caballero lembrou que o HALO xa ten outros 5 premios, “unha referencia en toda España”.