Escoitar

O Concello inicia a humanización e instalación das ramplas mecánicas no Paseo de Granada

Abel Caballero e as tenentes de alcalde, Carmela Silva e María José Caride, participaron este xoves no acto simbólico de colocación da primeira pedra do Paseo de Granada que será humanizado e contará con catro ramplas mecánicas.

xoves, 26 xuñ 2025
Abel Caballero e as tenentes de Alcaldía, Carmela Silva e María José Caride, no acto deste xoves
Abel Caballero e as tenentes de Alcaldía, Carmela Silva e María José Caride, no acto deste xoves

O Goberno municipal investirá máis de 3 millóns de euros nesta actuación, que conta con case 2 millóns de euros de Fondos Next Generation EU do Goberno de España.

“É unha obra notable”, avanzou o rexedor, no acto de colocación da primeira pedra, poñendo en valor o significado da instalación de catro ramplas mecánicas nesta rúa, que permitirán “volver poñer simbolicamente a parada de autobús na Porta do Sol. Unha vez que estás na praza, sobes as escaleiras mecánicas de Segunda República e as ramplas que te levan ata a Praza do Bicentenario”. Refírese así á supresión do tráfico rodado na Porta do Sol por mor da obra de peonalización da praza, que supuxo a eliminación da circulación do autobús urbano. “Estamos facendo un sistema de conexión coa zona de afluencia de Porta do Sol, Casco Vello e Príncipe e esta é a forma na que estamos entendendo Vigo. Seguimos facendo grandes corredores”.

A actuación municipal comprende o Paseo de Granada e unha pequena parte da rúa Pracer que serán humanizadas con beirarrúas ampliadas. Amais instalaranse catro ramplas mecánicas que permitirá salvar un desnivel de case o 10% e prolongarase o carril bici existente, completando o eixo de comunicación do Casco Vello.

Coa obra renóvanse as redes de servizos existentes, a iluminación pública por un sistema LED, implántase novos elementos de mobiliario urbano: bancos, papeleiras, varandas e a disposición de novas zonas axardinadas, mantendo as árbores existentes e dotando a zona de rega automática por goteo.

Abel Caballero e as tenentes de Alcaldía, Carmela Silva e María José Caride, no acto deste xoves
Descargar todas as imaxes