Escoitar

150 estudantes do programa municipal de formación de adultos reciben o seu diploma

Abel Caballero entregou esta tarde os diplomas acreditativos da formación para adultos que recibiron 150 estudantes, maioritariamente mulleres. O programa facilita a integración e participación activa na vida social ás persoas que non puideron formarse por ter empezado a traballar moi cedo.

xoves, 26 xuñ 2025

O curso de formación de adultos do Concello formou a un total de 149 alumnos, a maioría mulleres, que ao longo da súa vida non accederon ou non puideron completar coñecementos básicos. Así o puxo en valor o alcalde ao apuntar que se trata dun curso centrado nas competencias de lectura, escritura e cálculos matemáticos. O programa, cun importe de 37.550 euros, facilita a integración e a participación activa na vida social das alumnas.

O alcalde apuntou que o Concello conta con oito docentes encargados de dirixir o programa que se desenvolve nas asociacións de Teis, Calvario, Cristo da Victoria, Sárdoma, Bembrive, Lavadores, Valadares e na sede de Mulleres Progresistas.

Descargar todas as imaxes