Caballero desvela que a Fortaleza do Castro acollerá unha nova representación teatral
A obra «Por que Vigo?» terá lugar o venres 27 de xuño ás 20 horas. Será no Patio de Armas e con asistencia gratuíta ata completar aforo.

O alcalde explicou que «Por que Vigo?» é unha peza “que emula as representacións populares propias do teatro do século XVIII”, na que “recrearán un conflito bélico entre España e Inglaterra. A obra introdúcenos nesta recreación histórica, na que os feitos reais son tratados de forma cómica e musical.
Os protagonistas da peza son Felipe V e Isabel de Farnesio, os principais responsables de que Vigo fose invadida e asediada polos ingleses en 1719. “Este é un episodio moi importante na historia da cidade” pero “cunha importante dose de humor”, explicou Abel Caballero. Dende a posta en marcha da musealización da Fortaleza do Castro, realizada en 2023, o Concello de Vigo esta realizando unha forte posta en valor deste espazo, mediante actividades como as visitas guiadas, as visitas virtuais e as xornadas anuais teatralizadas.





