O goberno municipal outorga a licenza de construción do IES de Navia
O alcalde informou este venres da aprobación da licencia polo que apunta: “o Concello fixo todo o que tiña que facer”, emprazando á Xunta de Galicia a iniciar a construción do centro.

O goberno municipal da luz verde á licenza de construción do Instituto de Ensino Secundario de Navia e aproba tamén definitivamente o proxecto de reparcelamento do Polígono 2. Caballero explica que “actuamos coa máxima dilixencia e cumprindo os compromisos” adoptados no convenio subscrito coa administración autonómica polo que os trámites municipais están completos para poder facer realidade a nova dotación educativa.
“Falta a Xunta, non está cumprindo o convenio”, censura o rexedor, engadindo que a construción do IES de Navia xa se atrasou cinco anos e “urxiremos á Xunta a que o faga”
Obras en Sárdoma e As Travesas
A Xunta de Goberno Local aprobou este venres a adxudicación das obras para reparar o muro de contención perimetral e o talude no campo municipal de fútbol Sárdoma – Moledo, que terán un importe de 718.000 euros e un prazo execución de 5 meses. Amais, recibiu luz verde a adxudicación das obras para a reparación do muro de contención de terras da piscina municipal de Travesas, que ten un importe de 275.000 euros. Con estas actuacións mellórase a situación destas dúas instalacións deportivas.