A pista de baloncesto de Samil transfórmase coa obra de Dante Arcade no "Vigo cidade de cor"
O alcalde e a primeira tenente de Alcaldía visitaron esta mañá a primeira obra do XI Programa de murais "Vigo cidade de cor", co que artista Dante Arcade transforma a pista de baloncesto de Samil.

Samil énchese de cor coa obra realizada polo artista urbano Dante Arcade na pista de baloncesto, que se enmarca na nova edición de "Vigo cidade de cor", que este ano incorpora 11 novos murais de artistas de Arxentina, México, Polonia, Grecia e España, singularmente de Galicia.
Ao finalizar o novo programa a cidade contará con 190 obras, sendo unha das cidades de Europa con máis arte urbana ao aire libre.
Obras do XI programa
-Alegría del Prado - “El brazo del mar y la tierra”, en rúa Rola, 116 (zona de Casablanca)
-Carola Bagnato - “El mar no es solo un paisaje, sino un estado del alma” en Rosario Hernández Diéguez, 6 (Fátima)
-Dafne Tree - “Petra e Mar”, en Santa Tegra, 71 (zona de Guixar)
-Dante Arcade – Realizará unha obra que fusiona o Pop Art, a estética de Miami Vice, e a cultura do graffiti, con elementos del universo dixital nas pistas de baloncesto de Samil
-Expostas - retrata a figuras como a pintora abstracta Berta Cáccamo, a muralista Lula Goce, a pintora Menchu Lamas, a pintora -Almudena Fernández Fariña e a artista interdisciplinar Rut Martínez López de Castro, na rúa Palencia, 12 (Calvario)
-María Ortega – “El presente desde el que miramos”, en Sanjurjo Badía, 184
-Víctor García “Play in Colors”- pista de baloncesto e gradas do parque Ricardo Aldao Román na Salgueira
-Ramón Amorós – Muro da Asociación de Veciños de Cabral
-Hugo Lomas “Sfhir” – Montecelo Alto, 62 (Teis)
-Dimitris Trimintzios “Taxis” – Travesía de Vigo, 138
-Vanesa Álvarez - completará o mural colaborativo do primeiro tramo da Avenida de Castelao, dende rúa O Grove ata o volcán