O Concello aproba a listaxe definitiva dos 1.024 estudantes beneficiarios das becas de inglés
O alcalde anunciou este venres a aprobación da listaxe definitiva cos 1.024 estudantes de cuarto de Educación Secundaria que este ano gozarán dunha beca de inglés.

As becas de inglés do Concello de Vigo para o novo curso escolar aumentan coa incorporación de 93 novas prazas con respecto á convocatoria prevista, segundo recalcou hoxe Abel Caballero ao sinalar que estas se suman ás 927 incluídas na chamada inicial. “Un programa excepcional con máis de 1.000 mozas e mozos que este ano irán aprender inglés becados polo Concello”, recalcou o alcalde.
Desde o luns 30 de xuño ata o venres 4 de xullo permanecerá aberto o prazo para que as familias comuniquen ao Concello se aceptan ou renuncian á beca, así como para proceder ao seu pago.
O Concello de Vigo destina este curso 3,3 millóns de euros para financiar unhas becas que contan cun custo por alumno de 3.243 euros.
O vindeiro luns, día 30 de xuño, terán lugar as dúas reunións informativas previstas polo goberno municipal no Auditorio Mar de Vigo para informar as familias sobre a estandía no Reino Unido. A primeira comezará ás 18,30 e a segunda comezará ás 20 horas.