Escoitar

Caballero participa na clausura do campus polideportivo do Coruxo

Abel Caballero, a primeira tenente de Alcaldía, Carmela Silva, e o edil de Deportes, Manel Fernández, participaron este venres no peche do campus polideportivo de verán “Aprende a xogar”, que organiza o Coruxo Fútbol Club co patrocinio do Concello. 500 nenas e nenos de entre 6 a 14 anos participaron durante unha semana neste campus no que probaron diferentes disciplinas deportivas e que remataron este mediodía cun baile conxunto

venres, 27 xuñ 2025
Descargar todas as imaxes