O Concello inicia as obras de humanización da rúa Pazo, no Casco Vello de Bouzas
O inicio das obras de humanización da rúa Pazo, que se suma ás melloras realizadas polo Concello en Bouzas, é a expresión da “aposta decidida” por un barrio que é “un gran corazón da cidade de Vigo”. Así o constatou este venres Abel Caballero ao colocar a primeira pedra da intervención municipal.

O próximo outono Bouzas estreará a humanización da rúa Pazo, que arrincou hoxe coa intervención do alcalde, así como da primeira e do segundo tenente de alcaldía, Carmela Silva e Javier Pardo.
Caballero explicou que as novas obras enmárcanse no proceso de dinamización de toda a parroquia e do centro histórico a través do financiamento europeo con fondos Next Generation EU do Ministerio de Industria e Turismo que abarca iniciativas turísticas, festivas e humanizacións como a da rúa Pazo.
O rexedor puxo en valor as numerosas obras realizadas para mellorar Bouzas, como a mellora do paseo litoral ou a zona do atrio da igrexa. “Unha transformación visible”, recalcou ao apuntar que entre os temas de futuro a afrontar atópanse mellorar a economía e o turismo. A humanización da rúa Pazo é o punto de inicio do proxecto de “ordenar o conxunto do Casco Vello para facelo máis fácil de camiñar”, segundo explicou Caballero.
"Queremos que Bouzas sexa un lugar de atracción de turismo das personas que nos visitan en Vigo", remarcou o alcalde.