Escoitar

Caballero achégase a Samil para coñecer o novo servizo de rescate acuático

O alcalde saudou este xoves en Samil aos profesionais que, do 15 de xuño ao 30 de setembro, prestan o servizo de socorrismo e salvamento en trece areais de Vigo. “Un magnífico sistema de socorrismo, salvamento, limpeza de praias e da policía atendendo. A mellor atención de praias que hai en ningún lugar de España”, afirmou Abel Caballero.

xoves, 3 xul 2025

Abel Caballero lembrou hoxe que trece praias de Vigo contan con servizo de socorrismo e salvamento, unha máis que no verán de 2024 pola suma do areal do Mende en Teis. O alcalde achegouse ata a praia de Samil para felicitar aos profesionais e louvar o seu traballo. Amais, coñeceu in situ o novo servizo de rescate acuático. "É un reforzo nas tarefas de salvamento", explicou. 

O dispositivo do Concello conta con 70 persoas, aos que hai que sumar 24 efectivos da Policía Local, 12 socorristas nas catro piscinas de Samil e 20 traballadores centrados na limpeza. “A praias dedicamos 130 persoas”, remarcou o rexedor. Durante todo o verán os efectivos municipais encárganse da vixilancia, do socorrismo e salvamento, asistencia sanitaria de primeiros auxilios e accesibilidade de persoas con mobilidade reducida .

Descargar todas as imaxes