Villa Solita programa oito concertos de música diferenciadora este verán
Os concertos de música urbana interpretada en directo por grupos e artistas, maioritariamente de Vigo, que ofrecen referencias pouco comúns e diferenciadoras, volverán consquistar o escenario de Villa Solita durante todos os venres de xullo e agosto dentro do proxecto cultural municipal “Curiosidades Solita”.

O alcalde anunciou hoxe o inicio, este venres 4 de xullo, do programa de concertos que se desenvolverán en Villa Solita ao longo dos próximos dous meses.
Abel Caballero recalcou o éxito que alcanza cada verán a iniciativa municipal con 8 concertos, gratuítos, que comezarán ás 21.00 horas. “Recomendo achegarse a estes concertos” que contan con entrada libre, recalcou o rexedor ao apuntar que grupos e solistas interpretarán distintos estilos musicais como o hip-hop, soul, funk ou rap, entre outros.
Programa Curiosidades Solita 2025:
-4 de xullo, “IGMIG”, trío vigués, rock, electrónica
-11 de xullo, “Law”, música electrónica, cantante de Vigo
-18 de xullo, “Salty Peeper”, grupo de Vigo de soul, rock e pop
-25 de xullo, “Arson Tides”, cuarteto de Vigo de metalcore
-1 de agosto, Nadie Gonzalez, rapeira de Vigo
-8 de agosto, “Cochambre”, cuarteto de Vigo de death metal
-15 de agosto, Sofía Espiñeira, cantautora de Mugardos
-22 de agosto, “Amorodo”, hip-hop galego (Soutelo de Montes)