O alcalde avanza 19 novas obras da ampliación orzamentaria por 11,1 millóns de euros
A ampliación orzamentaria aprobada polo goberno municipal de Vigo suma outras 19 novas obras para mellorar distintos enclaves da cidade cun investimento de 11.123.000 euros, segundo anunciou este martes o alcalde, quen incidiu en que a ampliación orzamentaria “non ten precedentes na historia da cidade”.

O alcalde avanza a realización doutras 50 novas obras coa ampliación orzamentaria.
Caballero explicou que entre as novas intervencións municipais atópanse a construción dun muro na praia de Santa Baia en Alcabre por 62.500 euros; así como a mellora da zona verde de Rivera Atienza por 1 millón de euros; a reposición do estanque do parque de Castrelos por 1,2 millóns; o parque infantil de Pintor Colmeiro por 718.000 euros; a reposición e mellora de parques infantís e biosaudables por 1,3 millóns; a construción dun muro de contención en Galindra por 95.000 euros.
Os investimentos programados inclúen a reforma das fachadas dos locais de Elduayen por 168.000 euros.
O Concello procederá a arranxar as humidades dos locais da rúa Carral por 971.200 euros. As melloras abordan a mellora do muro do parque de Castrelos por 50.000 euros. A subvencións de patrimonio histórico-relixioso ascenden a 281.200 euros.
O alcalde detallou que se procederá á adquisición dunha parcela no barrio do Rocío por 52.800 euros para dotar á zona cunha zona de aparcamento. Ademais, construirase unha escaleira de emerxencia na Facultade de Comercio por 133.782 euros e no barrio de Ribadavia realizarase unha intervención nun edificio municipal por 35.000 euros.