Escoitar

Vigo acollerá o tour de Los40 Summer Live con concertos de 11 artistas

O alcalde anunciou o cartel cos artistas Naiara, Paul Thin, Ruslana, La Beba, Pikete, Lemot, Vicco, Paula Koops, Walls, Carla Lourdes e o vigués Roi. Amais, haberá DJ set a cargo de David Álvarez. O evento terá lugar na contorna da praza Prudencio Rodríguez de Coia.

luns, 30 xuñ 2025

Vigo suma un novo evento ás festas do verán. A emisora Los40 elixiu Vigo paro o peche do seu tour Los40 Summer Live. Despois de percorrer 21 cidades con diferentes artistas, once cantantes chegarán á cidade para poñer o broche de ouro á xira da emisora musical máis escoitada en España.

Naiara, Paul Thin, Ruslana, La Beba, Pikete, Lemot, Vicco, Paula Koops, Walls, Carla Lourdes e o vigués Roi e o DJ David Álvarez estarán en el escenario de Vigo que se situará na contorna da praza Prudencio Rodríguez de Coia. “Uns artistazos”, afirmou o alcalde.

Os concertos son de balde e as actuacións comezarán a partir das 21:30 horas.

Descargar todas as imaxes