Escoitar

Abel Caballero: “O mércores 9 de xullo saen á venda as 5.000 reservas para o concerto de Gente de Zona”

As 5.000 reservas para ver a actuación do dúo cubano o 17 de xullo poderán adquirirse seguindo o método habitual.

luns, 30 xuñ 2025

O alcalde deu a coñecer hoxe os datos para adquirir a reserva de entradas para a platea no concerto que dará Gente de Zona na cidade. Caballero sinalou que a venda terá lugar o vindeiro mércores 9 de xullo, seguindo o habitual sistema posto en marcha polo Concello de Vigo.

Poderanse adquirir un total de 5.000 localidades para a platea do auditorio ao aire libre, 4.000 de xeito presencial no auditorio de Castrelos e 1.000 en liña. Para facilitar o acceso de toda a cidadanía, independentemente do seu horario laboral, as entradas sairán en dúas quendas (en horario de mañá de 9:00 a 14:00 horas e pola tarde de 16:00 a 21:00 horas), nas que en cada unha estarán á venda 2000 reservas físicas e 500 de xeito online.

No caso de Gente de Zona as reservas custarán 10€ e cada persoa poderá retirar 4 reservas nominativas, co que terán que acudir cunha copia do DNI (ou outro documento identificativo) das persoas para as que queira adquirir a reserva.

Descargar todas as imaxes