luns, 30 xuño 2025

O alcalde achégase á reunión informativa para as familias do alumnado do Vigo en Inglés

luns, 30 xuñ 2025

O Auditorio Mar de Vigo acollerá este luns dúas sesións para informar ás familias dos 1.020 estudantes que viaxarán becados polo Concello de Vigo a Reino Unido e Irlanda co programa de inmersión lingüística Vigo en Inglés. O Concello de Vigo inviste 3,3 millóns de euros ao ano nesta becas co obxectivo de mellorar as competencias lingüísticas e culturais da mocidade de Vigo.

O Pleno urxe á Xunta a reformar as cubertas de todos os colexios públicos que o precisen

luns, 30 xuñ 2025

O Pleno da Corporación Municipal de Vigo aprobou este luns, cos votos dos concelleiros do PSOE e do BNG, a moción presentada polo grupo socialista instando á Xunta a iniciar “a reforma integral e inmediata” das cubertas dos centros educativos da cidade que o necesitan ante a situación en que se atopan colexios como o Celso Emilio Ferreiro e o Chans Bembrive. Tamén se aprobou solicitar á administración galega a reversión inmediata ao Concello do recinto do CEIP Virxe do Rocío.

O alcalde recibe ao equipo vigués Al Compás, bronce no Campionato do Mundo de Danza Coreográfica

luns, 30 xuñ 2025

Abel Caballero saudou aos integrantes do equipo Colores Al Compás de Vigo, que foron bronce no Campionato do Mundo de Danza Coreográfica celebrado en Braga. O rexedor felicitounos polo seu traballo e louvou esta modalidade oficial federativa. A representación de Vigo realizou unha coreografía que incluía diferentes estilos de baile ao ritmo do son de Estopa, unha actuación coa que o xurado otorgoulles a terceira posición, solo por detrás de Mongolia e Portugal.

Caballero felicita ás campioas de pádel de Galicia

luns, 30 xuñ 2025

O alcalde felicitou ás campioas da Liga Galega de Pádel. O equipo feminino "Las Islas Cíes.com" conseguiu vencer no campionato aos rivais da Liga Norte (A Coruña e Lugo), sendo a primeira vez que un equipo da Liga Sur o consigue. Caballero animoulles a seguir co deporte e desexoulles sorte para o campionato nacional que se celebrará no mes de novembro en Barcelona.