xoves, 3 xullo 2025

O rexedor celebra a nova edición do Premio Volta Ciclista a Teis do domingo 6 de xullo

xoves, 3 xul 2025

Abel Caballero saudou este xoves aos integrantes do Club Ciclista de Teis, organizador do Premio Volta Ciclista a Teis que terá lugar este domingo 6 de xullo na contorna do mercado. O alcalde explicou aos participantes nas categorías de principiantes, promesas, alevíns, infantís e cadetes, o atractivo da práctica dun deporte que conta cun gran arraigamento en Vigo, así como a importancia do esforzo que se realiza tanto durante os adestramentos como nas competicións.

O alcalde visita o campamento de verán do Seis do Nadal

xoves, 3 xul 2025

Abel Caballero saudou este xoves ás 130 nenas e nenos que participan no Campus de Verán do Club de Baloncesto Seis do Nadal que durante unha semana aprenden técnicas e destrezas deste deporte nas instalacións do CEIP Seis do Nadal. O rexedor, acompañado polo edil de Deportes, Manel Fernández, e a concelleira de Medioambiente, Nuria Rodríguez, desexoulles unha feliz estadía no campamento e que gocen do verán e de tódalas actividades organizadas na cidade para nenas, nenos e mocidade.

As fontes de Aragón, de amarelo pola Síndrome Rubinstein-Taybi

xoves, 3 xul 2025

O Concello de Vigo súmase á conmemoración do Día Internacional da Síndrome de Rubinstein-Taybi, un trastorno xenético que se enmarca no grupo das enfermidades raras. Afecta a un de cada cen mil nacementos ao ano e caracterízase por pulgares e dedos dos pés grosos, baixa estatura, rasgos faciais particulares e graos variables de discapacidade intelectual e desenvolvemento.