Escoitar

A Xunta de Goberno aproba as bases para as axudas de 456.000 euros destinadas ás asociacións

O goberno municipal aprobou, na última Xunta de Goberno de xuño, as bases que reguladoras para destinar 456.000 euros a subvencións de asociacións e participación cidadá.

xoves, 3 xul 2025

Abel Caballero explicou hoxe que as axudas están dirixidas a fortalecer o tecido asociativo da cidade. 

Entre os acordos da Xunta de Goberno tamén se atopa o convenio para a asociación veciñal Monte da Mina por 17.000 euros; o convenio coa Federación de Asociacións de Familiares e Enfermos Mentais, FEAFES, por 5.000 euros; así como con Amigos da Ópera para dez actividades e concertos programados no “Outono Lírico” por 60.000 euros.

“Seguimos facendo partícipe á cidade de todas as accións que fai o Concello”, remarcou o rexedor.

Descargar todas as imaxes