Escoitar

A vila romana de Toralla inicia as seis representacións históricas os xoves de xullo e agosto

Toralla ofrece desde mañá xoves, 3 de xullo, e ata o 21 de agosto o programa de representacións teatrais sobre a vida dos poboadores na vila romana.

mércores, 2 xul 2025

O alcalde presentou hoxe as seis representacións históricas que comezan mañá xoves na vila romana de Toralla e que se despregarán durante os catro xoves de xullo e os dous de agosto. “Recreamos a cultura romana aproveitando unha peza arqueolóxica excepcional, que é a vila romana, con representacións teatrais moi ben ambientadas na época”, recalcou Abel Caballero.

Os espectadores poderán contemplar distintas escenas cotiás dunha vila romana, desde unha voda á elaboración de perfumes, bailes, traballos ou a loita de gladiadores.  O programa contempla representacións os xoves 3,10, 17 e 31 de xullo; así como os días 7 e 21 de agosto. “Seis representacións completamente gratuítas ata encher o aforo”, apuntou Caballero ao poñer en valor a aceptación tanto da cidadanía de Vigo como das persoas visitantes.

Descargar todas as imaxes