Abel Caballero destaca o Marisquiño como escenario de "consolidación de grandes artistas musicais”
A XXV edición do festival O Marisquiño, que este ano se celebra do 7 ao 10 de agosto, contará con artistas como Villano Antillano e DJ Nano, aos que se suman Ralphie Choo e West Dubai. Contará como unha das súas principais novidades coa apertura dun segundo escenario musical.

Samil acolleu esta mañá a presentación da programación completa do cartel musical do festival O Marisquiño, que desenvolverá a súa programación no areal vigués do 7 ao 10 de agosto. Un dos escenarios estará adicado a sons urbanos e o outro escenario estará centrado nos sons electrónicos e protagonizado integramente por artistas femininas.
Entre as novas confirmacións destaca Ralphie Choo, un dos artistas españois con maior proxección tras a súa colaboración con Rosalía e a súa proposta inclasificable que funde pop, hip-hop, electrónica e flamenco nun universo sonoro propio. Tamén se suma West Dubai, figura destacada do trap nacional, coa autenticidade e enerxía que lle converteron en referente da escena. Ademais destas dúas destacadas incorporacións, o festival contará coa irreverencia de Metrika, cunha proposta que transita do house ao reggaetón desde unha mirada feminista.
Entre elas destaca o concerto da portorriqueña Villano Antillano, artista que revolucionou o xénero urbano coa súa colaboración con Bizarrap, que a catapultou ao Top 50 Global de Spotify. Tamén DJ Nano, un artista cunha traxectoria internacional que alcanzou os principais escenarios do mundo.


