A Policía Local de Vigo incorpora catorce novos axentes
O alcalde recibiu este xoves aos catorce novos policías que entran a formar parte do Corpo municipal con diferentes responsabilidades e trasladoulles o “orgullo de ser o máximo responsable da Policía Local” viguesa.

A Policía Local conta desde hoxe con catorce novos axentes da Policía Local tal e como detallou Caballero. Son seis novos efectivos en prácticas, que estarán en proceso de aprendizaxe ata finais do verán; seis novos oficiais de recente ascenso por promoción interna e dous oficiais que se incorporaron ao Corpo municipal de procedementos de mobilidade.
O rexedor puxo en valor o traballo da Policía Local como un “Corpo fundamental na cidade” que realiza un “traballo espléndido, regulando o tráfico, atendendo a seguridade e á xente” e manifestou o “orgullo de ser o máximo responsable da Policía Local de Vigo”.

