Escoitar

O goberno municipal destina 642.000 euros ás becas de comedor e actividades de Foanpas

A Xunta de Goberno Local aprobou este venres o convenio coa Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnado de Vigo e da súa comarca que lle permite xestionar os seus servizos o vindeiro curso escolar.

venres, 4 xul 2025

O alcalde informou da aprobación do convenio con FOANPAS para subvencionar a súa xestión, a realización de actividades extraescolares e a prestación do servizo de comedor e que ten un importe de 642.000 euros anuais.

Esta axuda para os centros educativos da cidade súmase aos 1,7 millóns que o goberno municipal xestiona de forma directa para bolsas de comedor escolar, polo que o importe total para bolsas de comedor é de 2.342.405 euros.

Edificio do Ceip Rocío

A Xunta de Goberno Local deu luz verde tamén á solicitude á Consellería de Cultura, Educación e Universidade da desafección do uso educativo do edificio do Ceip Rocío. Caballero explicou que a cidade quere recuperar as instalacións, en desuso e sen actividade docente desde 2012, para destinar a usos sociais, culturais e asistenciais do Concello: “que devolva o edificio para toda a zona do Rocío e unha parte de Coia e “non queren entregárnolo”.

A Corporación aprobou no último pleno a moción do grupo municipal socialista demandando a reversión do edificio ao patrimonio municipal.

IES de Navia

O Concello de Vigo xa puxo ao dispor da Xunta os terreos para a construción do Instituto de Navia porque, tal e como apuntou o alcalde, “queremos que Navia teña un instituto polo que facemos a entrega gratuíta do solo” mentres que a Xunta xa “incumpriu” o convenio ao non ter orzamentadas as cantidades que recolle para a construción da nova infraestrutura educativa. Así, a tramitación municipal está rematada para poder iniciar as obras.

Descargar todas as imaxes