Vigo rexistra unha ocupación hoteleira media do 72,2% en xuño
Caballero pon en valor o turismo “porque supón riqueza, emprego, máis salarios e valor engadido”. Os internacionais foron os que máis pernoctaron na cidade.

Os hoteis da cidade rexistraron un aumento da ocupación hoteleira no mes de xuño con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Así, o dato deste ano achégase ata o 72,2%. O alcalde manifestou que o turismo “é unha pata económica que Vigo non tiña e agora xa si”.
A estancia media dos turistas é de 1,8 días. Caballero debullou os datos, sendo o turismo internacional o máis destacado neste mes, xa que supón o 44,5% do total. O 13% provén doutros puntos de Galicia e o 43% do resto de España.
Do total do turismo o alcalde destacou a chegada de visitantes de Portugal (10,5%), Estados Unidos (4,5%) e Reino Unido, Alemaña e Italia (2,5%). “Somos unha cidade masivamente receptora de turistas internacionais”, concluíu.