O Concello renova as redes de abastecemento e saneamento da rúa Julián Estévez por 402.708 euros
As obras de renovación dos servizos de abastecemento e saneamento da rúa Julián Estévez ata a confluencia de Santa Tegra chegan á recta final coa mellora do firme. O alcalde anunciou hoxe que en setembro estarán listas cunha intervención que conta cun investimento municipal de 402.708 euros.

O Concello de Vigo renovou 400 metros das redes de subministración e saneamento de auga entre as rúas Julián Estévez e Santa Tegra retirando as antigas tubaxes de fibrocemento. O alcalde anunciou que estará lista dentro dun mes e medio co final do asfaltado do viario.
O alcalde explicou que as obras de mellora do firme realízanse coincidindo co descenso do tráfico tanto escolar como de mercadorías.