venres, 11 xullo 2025

O Goberno local inicia o desenvolvemento dos solares da antiga Álvarez en Cabral e Coruxo

venres, 11 xul 2025

O Concello arrinca o próximo martes o desenvolvemento dos ámbitos de solo urbano non consolidado dos terreos das antigas fábricas do Grupo de Empresas Álvarez, GEA, en Cabral e en Coruxo. O novo Plan Xeral de Ordenación Municipal dá paso á construción de dotacións de uso terciario e residencial en dous solares que acumulan dúas décadas de deterioración, segundo lembrou este venres o alcalde.

O alcalde percorre as instalacións do festival gastronómico "Vigo Sea Fest"

venres, 11 xul 2025

Abel Caballero visitou este venres a nova edición do evento gastronómico "Vigo Sea Fest" organizado pola Cooperativa de Armadores coa cooperación do Concello de Vigo, que achega 60.000 euros para consolidar a Vigo como referente europeo do mar. O alcalde apuntou o éxito das propostas gastronómicas da pesca que, desde onte e ata o domingo 13, realizan os 14 chefs que participan no evento.

Nace o I Festival Internacional de Música de Cámara de Vigo - Sinerxías 430

venres, 11 xul 2025

Seis concertos temáticos, artistas de proxección internacional, novos talentos galegos e actividades paralelas dan forma á primeira edición de SINERXIAS 430 - I Festival Internacional de Música de Cámara de Vigo. O concelleiro de Cultura, Gorka Gómez, animou á cidadanía a achegarse ata os distintos eventos e louvou á organización da Orquestra Vigo 430 polo traballo de levar adiante este proxecto musical coa música de cámara como protagonista e as actividades paralelas "como pulo deste festival" que amosan un compromiso coa sociedade e a igualdade".