martes, 8 xul 2025
As reservas para gozar do directo do grupo estadounidense dende a platea do Auditorio de Castrelos poderán adquirirse o vindeiro martes 15 de xullo, tanto de forma presencial como online.
martes, 8 xul 2025
O alcalde informou do avance das obras de mantemento, mellora e novas dotacións nos centros educativos de Vigo, entre as que figura a substitución da cuberta e reparación dos muros do CEP Celso Emilio Ferreiro.
martes, 8 xul 2025
As obras de renovación dos servizos de abastecemento e saneamento da rúa Julián Estévez ata a confluencia de Santa Tegra chegan á recta final coa mellora do firme. O alcalde anunciou hoxe que en setembro estarán listas cunha intervención que conta cun investimento municipal de 402.708 euros.
martes, 8 xul 2025
O alcalde acudiu á presentación xunto á organización do Marisquiño, que baixo o lema “25 anos celebrándoo xuntos”, comeza unha exposición urbana única por toda a cidade, do 8 de xullo ao 18 de agosto.
martes, 8 xul 2025
O alcalde e a concelleira de Educación e Normalización Lingüística, Olga Alonso, participaron na presentación desta obra que recolle as particularidades do galego de Vigo e que ten por obxectivo “estar orgullosos da lingua dos nosos pais e que os novos vigueses coñezan a lingua e a practiquen”, afirma o autor.
martes, 8 xul 2025
O servizo 010 atendeu un total de 138.602 chamadas desde maio de 2024 ao pasado mes de xuño, segundo explicou hoxe o alcalde ao lembrar que coa gratuidade da atención, desde o 20 de agosto do ano pasado, os usuarios aforran 77.000 euros.
martes, 8 xul 2025
A nova ficción de Telecinco toma como escenario varios lugares das Rías Baixas e estes días traballan nas instalacións da ETEA. O rexedor visitou o set de rodaxe onde rodaban os protagonistas da serie, Alfonso Bassave e Lucía Jiménez. Marusía. Vientos de honor aborda a figura da primeira comandante muller e directora da Escola Naval de Marín. A cidade amplía así o número de rodaxes que a utilizan como plató de cine e de televisión.
martes, 8 xul 2025
A carreira solidaria e de concienciación cidadá Ponlle freo volve este domingo ás rúas de Vigo por terceira oportunidade e por segundo verán consecutivo, anunciou hoxe o alcalde de Vigo, Abel Caballero.
Acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, por responsábeis da organización (Atresmedia), de Stop Accidentes e do patrocinador principal (Fundación AXA), a atleta olímpica Ester Navarrete ou os atletas Roberto Rey, Noemí Álvarez e Celso Comesaña, entre outros, o rexedor explicou que a proba, para dúas distancias (5.000 e 10.000 metros), está marcada para este domingo, ás 10:00 horas, con saída única e chegada na Porta do Sol.